Puntuación: 1.7/5 (50 votos)
Croco tiña fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo... un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a merenda.
O ciclo da vida, o crecemento e o nacemento dun irmán supón enfrontarse ás novas esixencias vencelladas coa autonomía. Dalgún xeito, esta nova situación implica romper certos vínculos familiares.
Os cativos aprenden case sen ter conciencia da evolución propia. Croco, a pesares de que aínda é pequeno, reflicte ceda madurez no feito de ser quen de afrontar as súas necesidades e tratar de amosar unha conduta independente.
En todo caso, o nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvenientes. Por iso, calquera temor a que xere un conflito queda totalmente diluído cando o pequeno entende que non precisa rivalizar polo afecto.
Unha historia sinxela, narrada con musicalidade e recreada en ilustracións tenras e coloristas. Deste xeito, as imaxes permiten o achegamento, a aproximación e a complicidade cos sentimentos e emocións do protagonista.
[Presentación editorial]