A misteriosa aparición do cadáver dun escritor na cidade vella é o punto de partida desta novela.
Un comisario checo a punto de retirarse, a identidade oculta dunha enigmática muller, un exemplar do Corán perdido no deserto do Sahara e a desaparición do aviador Antoine de Saint-Exupéry sérvenlle a Xerardo AgraFoxo para introducirnos nunha novela na que viaxes e literatura, biografía e ficción, se entrecruzan nunha trama de sedutoras voces narrativas. [Presentación editorial]