Un manuscrito cunha mensaxe oculta.
Unha caveira, unha árbore e unha illa.
Un tesouro escondido por un pirata.
Logo de encontrar un abraiante escaravello e un misterioso pergamiño, William Legrand decide buscar o tesouro do capitán Kidd, levado por unha forte intuición, e axudado polo seu servente Xúpiter.
Este clásico relato de aventuras e misterio, aparece nesta edición acompañado dos debuxos de Fino Lorenzo, impresionantes á par que ilustrativos. [Presentación editorial]