Puntuación: 2.0/5 (42 votos)
Onde está? Estará debaixo da pedra? Nada!
Onde está? Estará detrás do puñado de pelos? Non! Onde está? Estará agachado entre os arames?
Christian Voltz desenvolve nesta obra os conceptos de construción e deconstrución. A partir dunha estrutura repetitiva que se apoia en frases sinxelas e recursos visuais asequibles aos primeiros lectores, presenta unha divertida historia coa que ensina a ver máis aló do aparente.
Porque, qué se agocha tras un monte de obxectos sen valor? Aparentemente, nada... Sen embargo, se observamos ben, intuimos que pouco a pouco, segundo se coloquen eses elementos, xorde máis dun personaxe. Un por un, os obxectos ordénanse para formar a cabeza, o cabelo, o corpo... Pero, atención! Basta un simple traspé para volver ao comenzo da historia...
Baixo a forma dunha cantinela infantil, aborda de xeito lúdico a construción do ser humano, así como a fraxilidade de cada ser. A pregunta de fondo, "onde está?" acompaña o progresivo crecemento do protagonista. O obxectivo é percibir cada membro do corpo independentemente dos demáis e sítualos no espazo (arriba, abaixo, diante, atrás, enriba, embaixo). Neste interrogatorio repetitivo, o lector pregúntase quen busca a quen, e a sorpresa final é dobre.
Fiel ao seu estilo, a base de elementos reciclables e facilmente asequibles, Christian Voltz recorre a un xogo do que os máis cativos poden ser tamén partícipes, dándolles vida aos obxectos cotiás, o que contribúe a alimentar a súa imaxinación.
[Presentación editorial]