Unha noite, espertei cun roído atronador. Pola mañá, todo estaba en silencio. E papá non estaba na casa. Pregunteille a mamá cando volvería, pero ela parecía non sabelo. Eu botaba moito de menos o meu pai...
O protagonista da historia identifícase implicitamente con Carapuchiña Vermella: o seu pai non está na casa, a nai pídelle que Ile leve un pastel á avóa enferma e, ao igual que a nena do conto clásico, debe elixir entre un camiño longo e outro curto para chegar ao seu destino.
Un relato fondamente imaxinativo para explorar a creatividade dos cativos, os seus medos e inquedanzas. Anthony Browne acompaña o lector por unha inesquecible viaxe ata as entranas dun bosque cheo de misterio onde nada é o que parece. [Presentación editorial]