Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño. Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda. A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase.
Pero Garavanciño insistiu. Díxolle á súa nai que iría cantando;
así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría. KALANDRAKA segue recuperando relatos da tradición oral, de estructura encadeada e ritmo acumulativo, que ten un dos seus máis claros exemplos en "Garavanciño". Como todos os que pertencen a este xénero, posúe un alto nivel didáctico e contribúe a construir a mente dos primeiros lectores, porque os contos populares son o nexo entre a cultura dos maiores e o mundo moderno actual.
A historia enmárcase nun ambiente familiar e protector, propio do fogar; pero lonxe de inculcarlle complexos e debilidades ao protagonista, a causa do seu pequeno tamaño, transmite unha mensaxe positiva: Garavanciño é forte, ten iniciativa, sabe afrontar aos problemas que Ile xorden e resolvelos. E ademais, neste caso, teñen final feliz.