FINALISTA DO I PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS Eu son Martín, teño unha gata, un olio de cada cor e unha nube. Subo á miña nube todos os días, gola mañá, pola tarde ou pola noite. Non importa se estou na cama, no parque ou no metro.
Ás veces, paso nela moito tempo; outras, un pouco menos, Dá igual que haxa sol, chova, neve, ou sopre o vento.
Estou encantado coa miña nube, aínda que non a todos lles gusta...
"A nube de Martín" é un texto de contido onírico sobre un neno capaz de imaxinar outras realidades; coa nube como vehículo simbólico co que transportarse a ese mundo, o relato aposta por "valorar ese carácter soñador que ás veces pasa desapercibido", en palabras de Javier Sobrino.
Pola súa parte, Rebeca Luciani representa ese caudal simbólico cunhas ilustracións de moita forza expresiva, coas que xoga a plasmar as sensacións que transmite o relato; unhas ilustracións "profundas" para unha historia "profunda", na que destaca o manexo da cor e o paso da nenez á adolescencia que experimenta o personaxe protagonista do relato. [Presentación editorial]