O papagaio caeu na pota que fumegaba. Asomouse, mareouse e caeu.
Caeu por curioso, e afogou na sopa quente. A nena, que era a súa amiga, chorou...
Todos choran a morte do papagaio, pero o oleiro de Ceará será quen de modelar toda esa tristura para facelo renacer máis vistoso, forte e faladeiro. Unha fermosa lenda brasileira contada por Galeano, coa forza expresiva das escultura de madeira. [Presentación editorial]