Puntuación: 2.1/5 (53 votos)
A conxura dos necios, galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift:
Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el, da súa obra "Pensamentos sobre diversas materias, tanto morais como amena".
Ignatius Reilly é un rapaz incomprendido, de personalidade enrevesada e atormentado por atopar un traballo que Ile permita pagar unha débeda. O protagonista é unha representación grotesca do heroe moderno: intelectual e lacazán, de aspecto excéntrico e desaseado, de conduta maniática e crenzas absurdas e anticuadas. Un gordinflón hipocondríaco que provoca ao mesmo tempo a risa e a mágoa.
Vive anoxado coa sociedade que o rodea e trata de cambiar un mundo que non comprende, malia que Ile tocou vivir nel, polo que actúa como un novo Quixote, para poder sobrevivir. Canda el, a novela presenta un elenco de personaxes excelentemente construídos, dando como resultado unha traxicomedia disparatada, ácida e intelixente, que contén unha crítica mordaz e demoledora contra a decadente clase media norteamericana, cuestionando de cheo os sistemas económico, relixioso e social do país.
[Presentación editorial]