Puntuación: 1.8/5 (38 votos)
Extrañas desaparicións. Unha nena especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos... Trata publicación de
"A aurora boreal", neste segundo volume da triloxía
"A materia escura" Lyra e Will viaxan de mundo en mundo e descobren un segredo: un obxecto de poder extraordinario e devastador. Pouco a pouco achegaranse a ameazas cada vez maiores e á sorprendente verdade dos seus destinos...
A Will agárdalle unha grande aventura; dende que fuxiu tras acabar cun home que buscaba información sobre o seu pai desaparecido, ocórrenlle feítos sorprendentes: entrou nunha dimensión descoñecida, onde coñece a Lyra. Ambos loitarán para acadar un obxectivo común, pero non será nada doado porque o mundo de Cittágazze está cheo de perigos. Alí agárdaos un obxecto misterioso e que ten moito poder, polo que moitos darían calquera cousa.
Tralos galardóns que obtivo o primeiro volume da saga,
"O coitelo sutil" seguiu colleitando boa acollida por parte dos lectores e da crítica. Así, recibiu o premio
Parent´s Choice Gold Book Award, o premio da Asociación de Bibliotecarios Americanos ao Mellor Libro Xuvenil e o premio
Publisher´s Weekly Best Book of the Year, entre outros.
Novas e poderosas forzas entran en acción nesta outra entrega de Philip Pullman, que constrúe para os lectores unha emocionante rede de historias que se mesturan no tempo e no espazo con gran dinamismo e orixinalidade argumental; por iso "A materia escura" converteuse nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e á imaxinación rebordante do seu creador.
A súa primeira parte estaba ambientada na época victoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e das crenzas; a presente aventura transcorre no mundo actual coñecido. Persiste a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno a elementos de calado filosófico, a curiosidade científica e as dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.
A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectaiismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixoante lectura, á que lle seguirá o terceiro título,
"O anteollo de ámbar".
[Presentación editorial]