Puntuación: 1.9/5 (53 votos)
A partir do concepto de “Rebelión”, Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de "Rebelión no inverno" están en estado de rebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasións ante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo.
Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias de rebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno, inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistema socioeconómico.
As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociais… pero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son tema recorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentes perspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar de incertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito de comunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade. Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitude manifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade para adaptala aos seus soños.
[presentación editorial]