Puntuación: 2.0/5 (43 votos)
Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai,
con emoción, que nestes textos Paniceiros sexa todo un mundo.
Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona... todos e máis collen en
Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo
literario propio que Xuan Bello universaliza maxistralmente.
É
Historia Universal de Paniceiros unha das obras máis líricas
e emocionantes que se escribiron nos últimos tempos.
E non faltan críticos que afirman que a
Historia Universal de
Paniceiros é un dos libros máis fermosos das literaturas peninsulares,
escrito nesta ocasión en asturiano, e que nós traducimos ao galego.
E cremos que a cultura galega non debe nin pode ignorar as literaturas
veciñas; é por iso que esta edición engade, ao valor de publicar unha
gran obra literaria,o mérito de nos achegar a unha literatura como
a asturiana, veciña de sempre e ignorada coma nunca.
A
Historia Universal de Paniceiros fará, a quen a lea, que descubra
un gran escritor, e unha literatura, a asturiana, moi atractiva.
[Presentación editorial]