Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007
En Paisaxe e nación explórase o nacemento e a evolución do modo de ollar e de relacionarse coa paisaxe. As distintas teorías sobre a paisaxe e o seu desenvolvemento histórico como creación cultural a través da pintura, a literatura e a reflexión histórica. Os diferentes xeitos de entender a nación e a súa relación coa elaboración discursiva do territorio, que lle outorga á paisaxe un papel simbólico primordial. A cartografía e a literatura como fornecedores dunha ollada sobre o espazo que nunca é inocente. [Presentación editorial]