Puntuación: 2.0/5 (51 votos)
Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e unha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda de xoguetes e, entre o ir e vir de xente que merca agasallos, non pode deixar de mirar no escaparate a boneca de porcelana que quererla regalarlle á neta. Un día un home entra na tenda e, ao saír apurado, deixa caer un paquete: a boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba...
O Nadal converteuse nunha época de consumo de agasallos, especialmente xoguetes. Ter ou adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que ter, e hoxe modos xoguetes -como a boneca de porcelana- non están concibidos para divertirse con eles.
O valor dun xoguete está na capacidade de ensoñación que produce a quen goza con él, máis que no seu valor económico. A actividade simbólica é libre, e calquera obxecto pode converterse en xoguete.
Nunha época onde nos vemos desbordados pola publicidade e os nenos piden como agasallo aquilo que ven nos anuncios, o texto de Roberto Aliaga é un punto de partida para reflexionar sobre a necesidade dun consumo responsable, ter presente a realidade dos países pobres e ser conscientes das inxustizas que ao noso redor se producen.
A esencia da obra é transmitida con forza e sensibilidade por Maja Celija, que crea, dun xeito excepcional, ambientes e espacios a través da cor e as perspectivas.
[Presentación editorial]