Puntuación: 1.8/5 (48 votos)
Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá; pero preto de alí roldaba un lobo feroz...
Este conto tradicional, amplamente difundido e popularizado a partires da versión do clásico de Grimm, continúa a ser un referente vivo de transmisión cultural. A historia alimenta a imaxinación dos máis pequenos e aporta unha calidade indiscutíbel ao panorama da literatura infantil.
Trátase dun conto que produce emocións intensas; unha fantasía que libera do terror a seren vencidos por 'lobos implacabéis'. En definitiva, unha suxestión, en forma simbólica, que enfronta aos máis pequenos con conflictos básicos (ausencia da nai, posibilidade de encontro con seres malvados, reacción ante circunstancias adversas...), axudándolles a obter confianza neles mesmos e avanzar cara a madurez.
A renovada versión que realiza Tareixa Alonso se ve completada coa nova dimensión que aporta Teresa Lima, con ilustracións con significados a distintos niveis. Nelas aparecen personaxes claros, un lobo non carente de atractivo e imaxes que Ile servirán aos máis pequenos para estructurar os seus soños.
[Presentación editorial]