Este volume presenta unha introducción ó estudio do teatro desde a perspectiva da Teoría Xeral de Sistemas. Considerando o campo teatral como un sistema, propón unha análise dos seus elementos, estructura e funcións, para despois aplicar ese modelo descritivo, explicativo e interpretativo á peripecia histórica do teatro galego no período que vai de 1882 a 1936.
Nesa dirección, o autor analiza as características e funcións de elementos destacados da nómina teatral como autores, directores, actrices ou escenógrafos. Logo considera a andaina de compañías significativas e ofrece, finalmente, unha panorámica das tendencias escénicas de maior relevo no teatro galego da época. [presentación editorial]