Velaquí a introdución xeral e o resumo do conxunto dunha obra de nove volumes que, con este mesmo título, teñen como fío condutor a crise da civilización e a posibilidade dunha rectificación consciente do seu curso.
Tal cambio consciente é o que o autor denomina inflexión, como interpretación realista e finitista do vello e case esquecido mito da revolución.
Deses nove títulos, o que ocupa o terceiro lugar, A submisión das masas, obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2002. [Presentación editorial]