Os infinitos privados escollen as deshoras coa lexítima intención de recrearse na anchura da soidade, pero cada intento é certamente unha paranza sospeitosa. Un abranguer nimbos dificilísimos que subtraídos do encadre rematan, coma o chocolate, quecendo nos dedos. [Contracapa do libro]