Puntuación: 2.7/5 (57 votos)
Veleiquí o herdo, un vello tema no que muiñar:
Cantigas pra catro mortes nos tres idiomas do Galeuscat: Alexandre Bóveda (1903-1936 ), Lluis Companys (1882-1940), Gernika, a árbore dunha nación, Federico García Lorca (1898-1936), asasinado na noite seguinte a de Bóveda, patria universal da poesía... Semente de futuro, como diría e debuxou Castelao no seu derradeiro lenzo:
A derradeira lección do mestre, ese noso Gernika que debería presidir o noso Parlamento, para non repetir, nin
"dar a esquecemento da inxuria o rudo encono". Cantigas de vida e morte ás que podemos poñer música de fondo, a que gustaba e reservaba Sesto para os seus máis íntimos momentos, o
Canon de Pachelbel. Libro que queremos ilustrar con ese abecedario uncial que posúo e lle obrigamos a facer en horas mortas, lembrando agudo sabio, fondo e esperanzado de que
"en principio foi o Verbo, e fíxose carne para habitar entre nós..."[Fragmento da Intorudión de Felipe Senén]