Galicia tense caracterizado tradicionalmente pola importancia que os animais tiveron e teñen na cultura e na forma de vida do seus habitantes. Neste volume colectivo, coordinado por Diego Conde Gómez (membro do HISVEGA -Historia Veterinaria Galega-) e José M. Vázquez Varela (Catedrático de Prehistoria e Etnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela), da man de prestixiosos especialistas e profesionais na materia, descubrimos cuestións moi variadas referentes a ese universo faunístico, desde os inicios da súa domesticación ata a importancia que tiveron en diferentes períodos históricos, pasando polo mundo da relixiosidade popular e dos santos curadores, os tipos de enfermidades que poden afectarlles, a importancia da caza en determinados momentos históricos ou a evolución da ciencia veterinaria e o papel dos albeites nunha sociedade historicamente rural, labrega e gandeira. [Contracapa do libro]