Puntuación: 2.1/5 (41 votos)
As señoritas de Avignon reconvertidas en mandriles; a sex-symbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas, en flamencos sometidos a duros ensaíos para acadar a fama... Un paseo pola pintura do último século, revisitada con humor e ironía, desde unha perspectiva singular: o reino animal.
Ensinar a mirar, espertar curiosidade por unhas obras xeniais, vangardas e individualidades relevantes da arte, en diálogo coa ficción literaria é o que nos propón este Caderno no que protagonistas insólitos, inspirados en obras emblemáticas do século XX, son quen de provocar sensacións e significados novos.
Sorprenderémonos descubrindo os amantes de Klimt como tigres líricamente noivos, a Marilyn (Warhol) multiplicándose como un camaleón narcisista, ou a atormentada e inconformista mona Chita, xubilada do espectáculo, protagonizando o grito (Munch). Con bufanda vermellla e abrigo negro, atoparemos a Aristide Bruant, famoso escriban lapón, cantando no Ambassadeurs de París á súa paxara idolatrada, quizá baixo a mirada atenta do maestro Toulouse-Lautrec e dos loros, clientes habituais do cabaret. A maja (vestida o espida), reencarnada en ovella, nos contará, sen pudor, as últimas murmuracións da prensa rosa...
Magritte, Botero, Klee, Mondrian, Brancusi... Stein, Joyce, Curros... ¿teñen unha débeda con este Caderno? Pintura e literatura fronte a una fauna diversa para achegarnos ao mundo da Arte con outra mirada.
[Presentación editorial]