Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalán Quim Monzó, camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseria humana e a vida, abordando a dor, a vellez, a morte e o amor. Desde unha paisaxe cotiá do baleiro, Monzó constrúe un libro rotundo, onde o humor, a miseria e unha certa tristeza tecen un ton de desamparo, de falsa felicidade, que o autor analiza, coma sempre, desde unha ollada sen concesións. Mil cretinos, traducido ao galego por Helena González, é un libro fermoso e contundente dunha das voces máis singulares das literaturas ibéricas de hoxe. [Presentación editorial]