Pódese ganar unha guerra e perder todas as batallas. Pódense gañar todas as guerras e perder todas as batallas dunha familia. Ata a loucura, ata a morte. Una tumba nun prado, acarón dun torreón. Patricio Mayo inventa cada vez unha historia distinta para agachar a súa verdade. Desde o corpo do seu devanceiro, o noble irlandés Patrick O’Mayo que quixo unirse á terceira cruzada de Corazón de León pero se equivocou de costa para desembarcar en Galicia, ata os mortos máis innomeables da guerra civil. A porta de Mayo de Gonzalo Moure e Tina Blanco é a novela que Clara e Manuel escriben sobre sobre o seu devanceiro, o despistado e desmesurado irlandés, mais viven ao mesmo tempo a traxedia final dunha familia condenada á desaparición. E a tumba do prado do torreón, o seu escuro segredo leva a Clara a atoparse con todos os fantasmas dos Mayo. Ata a loucura, ata a morte. [Presentación editorial]