Este libro agroma da infancia, o espazo mítico do que ninguén pode fuxir. Os seus poemas aluden a todos ese días que un sucedido cotián converteu nunha xornada memorable. Falan, asemade, das predileccións do poeta, das cousas humildes, obxectos, lugares e costumes que determinan a nosa vida para sempre. O que acontece no xardín do pasatempo, o lugar real e imaxinario que garda as regalías do mundo. [Contracapa do libro]