Neste libro entramos nas casas da fidalguía galega para ver como esta foi capaz de perpetuar a súa preeminencia estamental, xeración tras xeración, durante a Idade Moderna (séculos XVI-XVIII). Para acadar este obxectivo os fidalgos seguiron tres estratexias fundamentais: a posta en funcionamento dun modelo sucesorio concreto, o control do poder local e o uso de elementos simbólicos de preeminencia social.
Antonio Presedo Garazo (Santiago de Compostela, 1970) é Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos nas universidades de Lisboa e Edimburgo, e na actualidade é profesor de Historia Moderna na Facultade de Humanidades daq USC (Campus de Lugo). É autor dos libros Os devanceiros dos pazos. Economía e estratexias sociais da pequena fidalguía na Galicia interior (ss. XVI-XVIII) e A fidalguía galega ante a crise do Antigo Réxime, 1812-1868, e de medio cento de traballos en revistas científicas e obras colectivas. [Contracapa do libro]