Este libro presenta os principais acontecementos que teñen lugar dende a caída do Muro de Berlín (1989) ata os nosos días. Neste tempo inmediato, de cambios vertixinosos, o mundo convértese nunha aldea global, na que os acontecementos asumen unha nova dimensión. Xorden novos movementos e realidades (o Cuarto Mundo, a antiglobalización, os novos nacionalismos, o terrorismo internacional, etc.) nun escenario único e ene rede grazas á revolución das comunicacións. [Contracapa do libro]