Puntuación: 2.0/5 (90 votos)
Este libro foi publicado en 1981 co título "Relatos para
salferir", e en catalán en 1985 co título co cal sae nesta edición na Editorial Espiral Maior: El Desert de Nabalpam, O
Deserto de Nabalpam.
Cada relato é unha historia persoal vivida, onde a muller
é protagonista e tece tódalas narracións sendo á vez unha:
Cecía T. S. Así:
-París, Hedda Gabler, ou a cuidadora dos xeranios de
Prometeo, esa soidade da infancia.
--Ou cando a trompeta de jazz, ese soído... botado a
perder o humano quédanos volver á besta e comezar de novo, poida.
-Pocahontas, ou Delia Inés Cabrera Paseyro, aquela
fermosa uruguaia descendente dos indios charrúas, que pasou por Vigo e coñecín nos anos setenta, charrúa, e agora vive alá, en Uruguay ...na súa Nueva Helvecia...
--Ou esa viaxe que un fai ós vinte anos cara ningún sitio,
e este foi ás minas de potasa en Súria, en Catalunya, e alí
coñecín a quen non lles deixan ama-la vida...
-Unha cidade calquera e unha muller.
-Un home só e a lúa.
-A neurose da suxección torpe das normas sociais que o
pechan todo, e destrúen.
-¿Quen foi Eni, aquela muller coleccionista que vivía
co que non amaba, por medo?
-A infancia e os xogos e a muller e o mito da serpe...
--0 psicoanálise, ese espello infiel que nolo devolve todo, como o mar .
-Aquel Deserto chamado de Nabalpam de onde todo
partiu cara o mundo... á busca de ouro. Co tempo saberíase
que abaixo das súas areas existía o Lago das Garzas Azuis
( ese mundo posible), e alí ían refuxiar os Reiseñores Brancos fuxindo dos Cazadores...
-¿Era Cecía...?
-A historia real e máxica da nai e o "neno de madeira",
tan común en Galicia.
-O monstro que xorde unha mañá sen saber como (iso
din), e todos aceptan, chámese invasión, crime, campo de
concentración, guerra, tiranía, marea negra..., ata o punto de
que moitos fan oposicións para protexer os seus moitos tentáculos, ou formar parte deles, "porque xa non interesa mata-lo monstro", din os seus funcionarios.
-As rúas de Compostela son como as rúas do mar, ou
das estrelas do universo. Alí estoupa o mundo. Pierrot Lunaire, Shönberg.
Porque nos arrincan a forma ( a pel) de achegarnos as
cousas, para empuxarnos en carne viva ó suceso.
[nota do autor]