Puntuación: 2.2/5 (37 votos)
"É que son feo", responden Caracol a Caracola cando, con ollos fermosos e corniños brillantes, preguntoulle o motivo dos seus tristes suspiros. "Pois a min non mo pareces", reveloulle para descubrir xuntos a súa fermosura e os valores da amizade. Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán compañeiros desta viaxe iniciática aos misterios que depara a natureza e o mundo, cheo de sentimentos e sorpresas...
Atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o desenvolvemento en idades temperas, abrimos esta colección con especial coldado na selección de contidos, a presentación de imaxes e a construción literaria.
Cinco relatos breves (
Caracol e Caracola; Vaia susto!; Navega, caracol; Caracol e formiga; Caracol e vermiño), relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade...
A lectura de imaxes proporciona situacións e personaxes cos que o lector se identifica e pode construir a súa perspectiva sobre o mundo e experimentar emocións, sorpresa, sentimentos..., ao tempo que desenvolva o entendemento sobre as relacións cos demais. Asemade, a colección NANOQOS ofrece a posibilidade de familiarizarse coa letra impresa, antes de iniciar formalmente o proceso de lecto-escritura, combinando pracer e entretemento.
Contos para entreterse, pero temen para ler, contar e conversar; para establecer diálogo e acción por parte de educadores e familia. Unha orixinal proposta que ofrece experiencias tanto estéticas como educativas.
[Presentación editorial]