Puntuación: 1.9/5 (35 votos)
"A este feroz pirata chámanlle Pata de Lata.
Non é Corto nin birollo, mais leva un parche nun ollo. Leva tamén unha espada, algo vella e moi fanada."
Chegan novas de que "O pirata pata de lata" deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e óso, ou simples espíritos. Porque o ancho mar xa non é o que era e a este bucaneiro revoltoso resúltalle cada vez máis complicado dar cun contrincante á altura das boas pelexas de antano, sable en ristre. Os soños resultan ser o mellar refuxio onde dar renda salta ás súas ansias belicosas: durmir "a pata de lata" solta proporciónalle momentos de gloria, imaxinando múltiples batallas nas que, curiosamente, el sempre resulta vencedor.
Un relato para primeiros lectores, divertido e inxenioso. Os seus versos evocan un mundo mítico e transportan o lector aos escenarios ande transcorren as rimas de Espronceda ou as aventuras de
A illa do tesouro de Stevenson. As ilustracións, que mesturan a técnica do collage con materiais como tinta e acuarela, contribúen a crear esa atmosfera intrépida e exótica.
[Presentación editorial]