Puntuación: 2.0/5 (52 votos)
Neste libro o profesor Caamaño en calidade de autor, trata con profusión e detalle todo
tipo de materiais, xeitos e sistemas constructivos populares, facendo unha especial mención á casa vivenda rural galega, así como unha descrición de construccións adxectivas, algunha das cales foron pouco tratadas noutros estudios, como son: palleiras, alpendres, secadoiros, adegas, lagares, cortillos, pombais, alvarizas, curros, foxos, pesqueiras, recintos de jeira, fontes, pozos, labadoiros, camiños, valados, pontes, socalcos, regos, oleiros, telleiras, terreiras, batáns, fábricas de curtidos, pias, hórreos, muíños, etc., o cal, como se advirte, constitúe un estensísimo repaso á construcción popular galega coas súas variedades e estilos constructivos, todo iso achegado, adornado e salpicado cunhas pinceladas compostas por anotacións e comentarios de aspectos: xeográficos, culturais, históricos e etnográficos, dotando á obra dunha riqueza e variedade inusitada que unido ó amplio repertorio de: fotos, debuxos, esquemas e mapas despregados ó longo de máis de 500 páxinas, dálle un carácter destacado e singular.
[fragmento da presentación do libro]