Por unha Galiza liberada e novos ensaios recupera unha obra, xa clásica, publicada no ano 1984, Por unha Galicia liberada. Ensaios en Economía e Política, mais a presente edición, rigorosamente actualizada, incorpora 7 novos ensaios, entre os que salientan os títulos "Nación, Estado e cidadanía", "Permanencia e cambio estrutural na mundialización", "Universidade e economía na Galiza contemporánea", "Economía galega e autonomía política" e "Encol da Cidade da Cultura". Unha nova obra, en definitiva, que permite descubrir o Beiras máis lúcido e incisivo, fondamente actual nas súas reflexións, e sempre dono dun estilo e dun discurso de alta calidade conceptual e literaria. [Presentación editorial]