Os estudos onomásticos, e máis en concreto os toponímicos, constitúen unha liña de investigación tradicionalmente moi productiva en todo o ámbito da
lingüística románica. Tradicionalmente, as atestacións de topónimos nos textos antigos utilizáronse como base para a confirmación ou o rexeitamento de determinadas hipótesis etimolóxicas. Tamén se empregaron para realizar, na medida do posíbel, un seguimento dos cambios sufridos polas formas estudadas, así como da cronoloxía desas transformacións. Nesta obra o autor presenta un traballo exhaustivo no que, atendendo ao devandito, dá conta da totalidade do material toponímico do Tombo de Toxos Outos. [Presentación editorial]