Puntuación: 2.1/5 (77 votos)
A Coruña e os seus habitantes, os seus costumes, a súa fartura monumental e artística, o estado do comercio ou da industria, así tamén coma as referencias á súa contextura cultural e educativa ou a opinión respecto das súas pousadas, son temas tratados neste libro, tirados dos escritores-viaxeiros que até esta nobre cidade se desprazaron en determinadas épocas da súa xa ampla historia.
Sen dúbida, un dos factores que máis ha influir na formación de opinión acerca da Coruña foron os libros de viaxes. Os relatos dos numerosos viaxeiros que nos visitaron e que intentaron levar aos seus compatriotas a visión que da cidade recibiron.
A través das súas páxinas é un pracer verificar o interese dos viaxeiros por coñecer, por descubrir non só os aspectos exteriores da cidade, senón tamén os relacionados coa súa vida, cos seus costumes, co seu carácter.
O certo é que onda os comentarios de sobranceiro interese histórico, atoparemos anécdotas insignificantes ou datos simplemente descritivos. Mais, por riba de calquera outra consideración, estamos perante páxinas vivas que nos mostran unha sociedade moi distante da que nos presentan os clásicos libros de historia: lecer, diversións, costumes, configuración das rúas, fachadas de edificios e outros detalles domésticos e culturais son sutís e ineludibles argumentos para o coñecemento do noso pasado.
[Fragmento da sinopse do editor]