Puntuación: 2.0/5 (84 votos)
A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Editorial TRIFOLIUM, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, veñen de editar o libro A Coruña á luz das Letras, nunha edición conmemorativa do 800º aniversario da fundación da cidade da Coruña.
Na publicación, A Coruña reflíctese na escrita dos nosos autores e autoras: Cesáreo Sánchez, Felipe-Senén, Francisco X. Fernández Naval, Lois Diéguez, Margarita Ledo Andión, Mª do Carme Kruckenberg, Nacho Taibo, Salvador García-Bodaño, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Alcalá, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel e Yolanda Castaño, entre outros. Privilexio de ollarmos A Coruña desde as súas reflexións, impresións, vivencias e recordos. Opinións libres e plurais, caleidoscopio de pensamentos, emocións e sensibilidades que transmite o orgullo de ser unha cidade culturalmente vizosa.
[Presentación editorial]