Puntuación: 2.1/5 (55 votos)
Unha das novelas
fundamentais para comprender a evolución do xénero narrativo, a que ve a luz nesta coidada colección publicada en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
Considerado un dos fundadores da novela moderna, Fiódor Dostoievski (Moscova, 1821-San Petersburgo, 1881) publicou “Crime e castigo” no ano 1866, cando xa era coñecido como autor de “Noites brancas” e “Humillados e ofendidos”. Creador de personaxes inesquecibles, nos que se encarna a loita do ser humano en busca do sentido da existencia, as novelas do autor ruso presentan como gran innovación a integración da voz do autor corno un elemento máis da narración, que en dian- te centrará o seu interese na consciencia duns personaxes cun protagonismo e unha independen- cia do narrador que ata daquela non posuían.
Unha das obras fundamentais de Dostoievski é “Crime e castigo”, na que a través do seu protagonista Raskólnikov o lector ten acceso a unha personalidade obsesiva, atormentada polo remordemento provocado polo asasinato dunha vella prestamista. Terrible e fascinante pregunta sobre o ben e o mal, sobre os límites da liberdade do individuo, esta intensa e absorvente novela ten como escenario un San Petersburgo deformado pola yisión do autor: rúas sombrizas, pensións desoladas e figuras fantasmagóricas que nos mergullan nun universo que se pode aproximar, na imaxinación do lector de hoxe, á pintura ou ao cinema expresionista.
[presentación editorial]