Para aqueles que gostan de lér:
Gostaria facer destes versos o tarabelo que abra todas as xanelas.
Adicados, esencialmente, ás mulheres, que levan anos espelindo as perguizas da-i-alma e as grades das incertezas, pretende ultrapasar o simples ámbito do cho¬que natural dos xéneros, para facer un canto á esperanza. Cando a incomprensión se prende nas asas da humanidade e tudo semelha perdido, sempre fica a capacida¬de, aló no fundo, de abrir unha xanela e respirar o ar fresco da manhá. Tomar folgos para facer deste mundo un lugar en que a alegria se vote a caminhar no ar e tome o lugar da opresión en que uns seres humans queren submeter a outros seres humans: honres, mulheres, buscadores dun prato de comida e dun teito onde atopar acocho. E, que melhor acocho que o berce que nos arrolou? Para aquelas/es que xa non poidan lá retornar, no País de Mariquinha —ou Maria— "a terra mai" sempre haberá un curruncho de auga e verde para descansar e recuperar as forzas.
Adela Figueroa Panisse, Bióloga, Profesora e Ecoloxista. Facedora de versos.
[Texto da Lapela]