Estrañamente, a cociña é o lugar onde Mikage se sente máis arroupada tras a morte da súa avoa, única familiar que lle quedaba, e coa que vivía. Un día, un mozo chama á porta e ofrécelle que vaia vivir con el e coa súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai durante un tempo. Cando o mozo lle confesa que a súa nai non é realmente a súa nai, os dous inician unha profunda amizade.
Banana Yoshimoto narra unha historia do Xapón contemporáneo cunha delicadeza que embeberá por completo ao lector nesta obra, tanto na súa cara dramática como na súa visión da beleza da amizade e do amor. [Contracapa do libro]