Puntuación: 2.0/5 (46 votos)
O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos os días un tempo á lectura. Ás veces encóntrase con que un libro ten un final errado e, sen pensalo dúas veces, aló vai ver o escritor. Ou se ten que cambiar algo na súa vida, vai a un taller de remendos ou sobe a un tren invisible, rumbo ao país da risa perdida, en que coñece un home forzudo que lle explica como se pode saber que aspecto ten un día bo ou un día malo, se está agochado dentro dun bolso. No mundo do señor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas duras dun libro e o que faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo iso, son moitas, moitas cousas…
En breves relatos ilustrados por Ulf K., orixinais e sorprendentes , Martin Baltscheit vainos presentando ao señor Paul, protagonista de todas as historias, amosándonos, ao tempo, unha mirada inxenua e aguda da realidade.
[Presentación editorial]