Premio de Teatro Rafael Dieste 2007 da Deputación da Coruña.
Na primavera de 1467 aflora en Galicia un sentimento colectivo de agravio, agormado durante longos anos. Entre vilegos e labregos toma forza a idea de resistiren contra os nobres feudais, que tranformaran as súas fortalezas en niños de malfeitores e que abusaban dos tributos e dos dereitos señoriais. A Galiza irredenta enfróntase á vasalaxe e estoupa a revolta irmandiña. Ademais da caída das torres, das escaramuzas, do sangue vertido, a revolta vai sacudir os costumese as institucións.
É tempo de rebeldes porque hai revolta en Galiza esta primavera mais... a primavera tamén é unha estación de amor. [Lapela do libro]