"Os milagres de Cristamar", cunha escrita que te enreda e te secuestra, que non te deixa e te reconcilia coa literatura, é a novela gañadora da IV edición do premio Narrativas Quentes.
Nesta novela, ambientada canda o famoso terremoto de Lisboa, e tan intensa como curta, hai prostitutas, monxas, hermafroditas e castratos,mariñeiros...
É tamén "Os milagres de Cristamar" unha homenaxe á Coruña, cidade sempre vencellada ao cristal e ao mar, Cristamar. [Contracapa do libro]