Liliput, opera prima editada de Manuel Lugrís, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha investigación xornalística en que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques, onde os personaxes semella non poden escapar ao seu destino. O resultado é unha experiencia vital marcada pola traizón e o fracaso. [Presentación editorial]