A historia de Don Agapito ten a cualidade do bo humor: trátase dun texto dinámico, contado cunha linguaxe actual e co que calquera se pode sentir identificado. Por outra banda, é unha obra non exenta de crítica social, un relato que move á reflexión ante os problemas da sociedade e que chama a atención sobre a necesidade de levar un ritmo de vida máis reflexivo, malia que o mundo nos envolva na súa vértixe.
Porque Agapito vai asumindo sen decatarse as cabilacións que Iles preocupan aos seus veciños; para todas ten unha gaiola. As penas que Don Agapito atura descríbense con características humanizadas: aliméntanse de pensamentos, teñen necesidades fisiolóxicas e requiren coidados constantes, coma se de mascotas se tratara. Pero a capacidade de Agapito para atender semellante responsabilidade é limitada e axiña se lie multiplican os problemas, aínda que sexan alleos. A historia revaloriza a figura do xubilado que, como Don Agapito, préstalle á sociedade o seu mellor servizo a base de paciencia, tranquilidade e mesura.
[Presentación editorial]