Puntuación: 1.7/5 (33 votos)
Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes; unha noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se desprende do ceo...
Na infancia, o xeito máls activo de coñecemento é a imitación; os cativos absorben o mundo a través dos sentidos e, coa capacidade de imitar, responden ao entorno.
O xogó é tamén unha parte fundamental para o desenvolvemento intelectual e emocional; permite explorar o mundo e poñer en marcha a irnaxinación e a creatividade. Ademais, no xogo, os cativos poñen en práctica os coñecementos sociais e aprenden a socializarse, respectando regras e normas.
Mario Catelli conta unha divertida historia sobre aprendizaxes e descubrimentos da vida, que suxire que a sabedoría se adquire cos anos, así como a necesidade de gozar cada etapa.
As expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador destacando, no uso da colaxe, a harmonía das composicións nos elementos da natureza.
Unha historia sinxela para unha comprensión intuitiva da esencia das cousas.
[Presentación editorial]