Os poemas que conforman esta antoloxía son un testemuño das diferentes etapas creativas de Anna Akhmátova. Ademais dos textos extraídos dos seus distintos poemarios, a escolma recolle, baixo o título “o que non entrou nos libros”, una serie de composicións de diversa procedencia (incluídas en cartas, regaladas aos amigos, publicadas en revistas…). Na sección “Borradores e esbozos” figuran tamén versos atopados nos arquivos da poeta e publicados post-morten. [Contracapa do libro]