Berlín, 1945. Un feixe de seres humanos atrapados na rede da guerra, debaténdose nos últimos folgos da vida. Eles, homes que decidiron sucumbir víctimas da súa propia loucura; elas, mulleres que compartiron o seu destino voluntariamente: Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo -unha, exhibida como propaganda do réxime; outra, silenciada como un segredo do poder-, dúas vidas distintas e un mesmo destino. Pero, ¿que facían alí?, ¿que buscaban?, ¿que esperaban?, ¿que tortos camiños as conduciran a inmolarse xunto con Hitler e o seu lugartenente? "Ácaros verdes" (Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta no 2003) é unha novela que, dende unha perspectiva radicalmente humana, lanza sobre a historia unha ollada feminina que sublima as barreiras temporais e espaciais. [contracapa do libro]