"O porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira e o máis vello traballou moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou..."
"Os tres porquiños" é unha das narracións tradicionais máis coñecidas e de maior aceptación entre os pequenos. Manténdose fiel a tan coñecida historia tradicional, este álbum brinda unhas imaxes sinxelas e divertidas que xeran un discurso visual susceptible de ser percibido con gran facilidade. Helga Bansch, unha vez máis, dá clara mostra da súa empatía co lector infantil.
[Presentación editorial]