"O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer? Un día atopa a resposta; outro día, outra; e outra máis...".
Os nenos e as nenas poden saber que as cousas non son sinxelas para moitos; pero é importante revelarlles matices da realidade máis próxima para que, sen a esixencia de ter que vivir o dramatismo dalgunhas situacións, teñan conciencia solidaria e entenda, desde ben pequenos, a necesidade de tratar dun xeito activo a loita pola igualdade, a solidariedade e a xustiza social.
[Presentación editorial]