Son moitas as antoloxías, traducións e adaptacións que se fixeron dos contos e lendas populares do antigo Exipto en todas as linguas vivas do mundo. En todas agás o galego, que non contaba con ningunha publicación sobre o tema. Coas versións dos cinco contos que aquí ofrecemos pretendemos un achegamento ao imaxinario popular do antigo Exipto. Todos eles teñen en común es aorixe de raigame popular. Son relatos de intriga e de aventura, de maxia e de persuasión, que tratan do fado ou do destino, de viaxes marabillosas protagonizadas por xentes do común pero tamén por margos, por heroes, por faraóns e deuses como Anubis ou Osiris. (...)
[Texto da contracapa]