Que lector galego non coñece xa a Frank Soutelo? Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea da xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood. Unha apsirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) constrúe unha historia chea de sorpresas e reviravoltas.
[Texto da contracapa]