Puntuación: 1.9/5 (53 votos)
A escrita de Anxos arranca na súa mirada. Ten uns ollos negros e un mirar húmido, cristalino, cunha profundidade que convida a mergullarse neles. Son ollos que falan. Mesmo nas fotos ten unha mirada con trans-fondo, que amosa inquietude, que di ás claras que a máquina está a pro¬cesar, que está a observar e arquivar datos, que le os movementos, os sons, as cores, as paisaxes, os xestos; que ispe e abriga. A súa escrita principia nesa mirada húmida porque arranca dun proceso de descrición desde os detalles que o resto dos ollos miramos pero non atinamos a ver. É outra forma de vivir as cousas que vai mais aló dos sentidos e os signi¬ficados literais de cada acto. Será, quizais, porque mentres todos lembra¬mos como empezamos a ler na escola, Anxos relata a súa aprendizaxe das palabras como un xogo de aprendizaxe directa da natureza, como se a vida estivese escrita e ela puidese lela para devolvela de novo en forma de relato, de artigo, de novela, de guión... «Como me dicía meu avó, apréndese a ler nas árbores, nos paxaros e en todo o que che ofrece a vida ".
A VIII edición do premio Blanco Torres —impulsado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e patrocinado polo concello de Cuntis— ven de recoñecer a calidade das súas colaboracións na sección Somos perigosainente normais do Diario Cultural, que Ana Romaní dirixe mi Radio Galega, e tamén premia os seus artigos en www.culturagalega.org. Instalándome nesa normalidade (que por perigosa me resulta sedutora) non teño a ousadía de querer facer unha análise literaria da súa obra, pero seguramente si debo facelo sobre a autora para non limitarme a analizar o premio só desde a óptica da súa participación nos medios.
A decisión do xurado é un punto de inflexión na traxectoria do Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres. Non só porque o recoñecemento recae por primeira vez nunha muller, senón máis ben porque se acorda que o galardón recoñeza o valor de formas de creación literaria e de opinión que non se manifestan a través do impreso. O premio innova porque se achega ao xornalismo electrónico e por¬que, por primeira vez. se centra no xornalismo literario na radio. Racha, pois, coa identificación da escrita como base do periodismo nunha aso¬ciación equívoca que aínda leva a moitos a identificar xornalismo con palabra escrita e recoñece o valor da oralidade como soporte de comunicación.
[Fragmento da Introdución de Miguel Túñez]